1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             
 

16/05/2009
Fallo do concurso de marcapáxinas

regresar á páxina de eventos

 
     

Acta do fallo do xurado do Premio

Hoxe sábado, 16 de maio de 2009, ás 20 horas, faise público o fallo do III Concurso de Marcapáxinas Día das Letras Galegas 2009.
 
O venres 15 de maio de 2009, de 10 a 14 horas, reuníuse o Comité de Selección para facer a escolla dos oito finalistas entre os marcapáxinas presentados, e entre estes, os tres gañadores, un por categoría. O Comité elexíu por unanimidade aos seguintes premiados en cada categoría de idade:
 
Categoría A (6-9 anos): Sara González Prieto do CEIP Centieiras de Fene.
 
Categoría B (10-12 anos): dada a altísima calidade artística e orixinalidade dos marcapáxinas presentados nesta categoría, decidiuse conceder dous premios aos seguintes alumnos:
 
Laura Ponce Leira do CEIP Centieiras de Fene.
Beatriz Lage do CEIP Centieiras de Fene.
 
Categoría C (13-16 anos): Iago Torres París do IES Catabois de Ferrol.
 
O Comité valorou ademáis da adaptación ás bases do concurso: a creatividade e orixinalidade nos deseños como primeira escolla, así como que poida funcionar correctamente como marcapáxinas dentro desas dimensións, a utilización de técnicas artísticas variadas e diferentes e a implicación coa lingua e a función normalizadora dos marcapáxinas coa nosa lingua.
 
A data da entrega dos premios (50 exemplares editados do marcapáxinas, así como un lote de libros para o alumno gañador e outro lote de libros para o centro de ensino ao que pertence) será o 22 de maio ás 12 horas na Galería Sargadelos de Ferrol fará entrega dos premios a directora da entidade, Verónica Martínez Delgado.

 
inicio > sala de exposicións > eventos > presentacións de libros