| |
HORARIO
Luns e xoves de 18:00 a 20:00.
INSCRICIÓN
Para inscribirse no obradoiro, .
FORMULACIÓN
DO OBRADOIRO
Proponse un obradoiro aberto, de formación continua,
durante todo o curso lectivo, coa posibilidade de incorporación
en calquera momento ao mesmo, xa que a súa
programación e o número limitado de asistentes
posibilita unha formación personalizada
e específica para cada alumno.
Con esta premisa, exponse a actividade, enmarcada na
programación cultural da Galería Sargadelos
de Ferrol.
PROGRAMA DO OBRADOIRO
O debuxo artístico-descritivo é a base de toda actividade plástica. Tanto de liña como de mancha, de modelo directo, bodegón ou copia, supón a chave que asenta a posterior disciplina da pintura.
Por isto, exponse a programación dunha serie de exercicios de debuxo como linguaxe propia, autónoma, así como sostén para a realización de proxectos pictóricos.
En función dos coñecementos previos e as capacidades dos usuarios do obradoiro, programáronse unha serie de exercicios de debuxo:
- debuxo de liña – bosquexo [grafito]
perspectiva de espazo con figuras
bodegón
figura humana
forma
- debuxo de liña – expresivo [tinta]
bodegón
análises
figura
- debuxo de mancha [grafito brando]
bodegón
- debuxo expresionista
composicións de sínteses
composicións abstractas
-debuxo e cor
lápices
lápices acuarelables
ceras-pasteis graxos
Do mesmo xeito e coas mesmas premisas, programáronse diversos exercicios que abundan na cor e na súa utilización na plástica.
|
|
| |
Madrid, 1959
Adolescencia en Barcelona, onde toma os seus primeiros contactos coa práctica artística plástica e o Deseño Gráfico.
Entre 1980 e 1985, cursa os estudos regrados da Escola Oficial de Cerámica de Madrid, -actualmente Escola de Arte Francisco Alcántara- onde se gradua como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística. [Promoción de 1985]
En 1985, gaña por concurso a praza de director do Seminario de Estudos Cerámicos de Timaná, en Colombia. En 1986 toma posesión do cargo e, durante un lapso de tres anos, desenrola actividades de dirección técnica e de docencia no centro, ademais de traballos de investigación etnográfica e antropolóxica, que compaxina coa actividade de pintor, debuxante e escultor. Colabora con diversas institucións culturais e educativas, entre as que destacan a Universidade Surcolombiana, Libre y a Distancia, o Instituto Colombiano de Cultura e o Instituto Departamental de Cultura del Huila.
En 1988 chega a Galicia de maneira permanente, desenrolando, paralelamente á investigación plástica persoal -exposta dende entón en diferentes exposicións personais así como en numerosas mostras colectivas e presente en obra pública- traballos periodísticos e de docencia en distintos ámbitos. Adquire o pseudónimo artístico de Urza.
Compatibiliza o ensino do Deseño aplicado e o modelado en cursos de Formación Ocupacional, no Centro Galego do Vidro na Universidade de Santiago de Compostela, no Centro Nacional do Vidro, e no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, co seu labor como Profesor do ciclo formativo de Cerámica do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña), no curso 2001-02, coa práctica da escultura, o debuxo e o gravado nos seus estudos de Lousido [Cabanas], Fiobre [Bergondo] e Infesta [Betanzos].
Na actualidade é responsable da Escola Municipal de Artes Plásticas de Betanzos, director da Bienal Internacional de Pintura Balconadas, foi responsable da Área Editorial do CENTRAD, dependente da Diputación de Lugo; foi vocal por A Coruña e Secretario de Asociación Galega de Artistas Visuais (AGAV), é vogal da Xunta Directiva de AGA, membro fundador da Plataforma da Arte e adícase plenamente ao seu traballo plástico de creación, con obra presente en distintas galerías de arte e realizando proxectos artísticos de diversa índole. |
|
| |
Curso relacionado coa docencia
1996 - Curso Formador de Formadores
Formación Continua
FOREM- Galicia. A Coruña
Cursos relacionados coa arte
2005 - Obradoiro de Pablo Ruiz Picasso MACUF Museo de Arte Contemporáneo, dirixido por Agustín Ibarrola. A Coruña
2001 - Curso Gravado Calcográfico dirixido por Anne Heyvaert. CIEC Betanzos
1999 - Curso “Más allá de los límites: la fotografía contemporánea” Universidade de Santiago, CGAI, CGAC
1996 - Curso de Escultura Cerámica dirixido por Xavier Toubes. Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, Ferrol.
1993 - Curso “El Arte y la Ciudad” Universidad Internacional Menéndez Pelayo-Universidad da Coruña
1991 - Curso de “Cerámica en la Arquitectura” Dirixido por Nino Caruso, AGA-Xunta de Galicia. A Coruña
1984 - XIII Experiencia de Tecnoloxía e Escola Libre Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos |
|
| |
Formación profesional
Curso Lectivo 2001-2002
Profesor do Ciclo Formativo de Grado Medio Procesos de fabricación de produtos cerámicos
IESP Isaac Díaz Pardo. Consellería de Educación, Xunta de Galicia. Sada (A Coruña)
FORMACIÓN OCUPACIONAL
1986-88 - Director do centro Seminario de Estudios Cerámicos de Timaná e como tal, profesor das materias do Curso Preparatorio de Profesores de Cerámica nos tres semestres de formación e prácticas, así como a coordinación dos Cursos Básicos de Capacitación en Cerámica. Timaná (Huila) Colombia 3 años lectivos
2001 - Relator do bloque A linguaxe do modelado do Curso Educadores Urbanos.Centro Municipal de Formación do Concello da Coruña
2000-2001 - Profesor de Modelado dos Cursos Decorador de Obxectos de Vidro. Fundación Centro Galego do Vidro, Universidade de Santiago. 90 horas
1999 - Profesor de Modelado dos Cursos de Talla y Gravado de Vidro. Centro Nacional del Vidro. Centros de Formación Vidreiras da Universidade de Santiago e de Lugo . 58 horas
FORMACIÓN CONTINUA
1998 - Relator do Obradoiro de Metodoloxía e Técnicas Cerámicas: A Cerámica na Escola. Centro de Formación Continua do Profesorado -CEFOCOP- A Coruña
TERAPIA OCUPACIONAL EN DROGODEPENDENZAS
1991-1995
Monitor Ocupacional de Cerámica Unidade de Día de A. C. L. A. D. A Coruña. Rede Autonómica de Drogodependencias 50 horas
Monitor Ocupacional de Cerámica na Comunidade Terapeútica Fonte Douro. Rede Autonómica de Drogodependencias. A. C. L. A. D, A Coruña. 100 horas
1991-92
Monitor Ocupacional de cerámica do Obradoiro "Vive con salud en la calle". AS. FE. DRO. - Asociación Ferrolana para el Estudio y Prevención de las Drogodependencias - Ferrol. 336 horas
FORMACIÓN PARA O LECER E O TEMPO LIBRE
1984-2003 - Profesor de cursos de cerámica impartidos nas seguintes entidades:
1997-2001- Fundación Ecca-Forum Metropolitano, Concello de A Coruña (210 horas)
1999-2000 - Sociedade Recreativa Cultural e Deportiva de Betanzos (100 horas)
1999-2000 - Concello de Abegondo (50 horas)
1991-1992 - Concello de Vilarmaior (50 horas)
1990-1991 - Concello de Pontedeume: Servizos Sociais (adultos 50 h., mozos 50 h. nenos 50 h.)
1991 - Comisión da Muller Plan Comunitario de Caranza, Ferrol (50 horas)
1990 - Concello de Neda de Neda (50 horas)
1990 - Concello de Cabanas (50 horas)
1990 - Obradoiro de Cerámica de Mostrart 90
1990 - Asociación de Xóvenes Eumeses Centro da Xuventude de la Xunta de Galicia en Pontedeume (50 horas)
1989 - Padroado Municipal de Cultura do Concello de Narón (100 horas)
1989-1991 - Concello de Mugardos (150 horas)
1985 - Agosto Cultural 85. Guitiriz (Lugo) (100 horas)
1984 - Pavillón da Escola Oficial de Cerámica. Juvenalia 84 IFEMA Madrid (24 horas) |
|