EDUCAR
PARA LER 2008-2009
A Galería Sargadelos Ferrol convoca a tod@s @s nen@ e pais de Ferrolterra a esta campaña de animación á lectura.
Bases da convocatoria:
A convocatoria da campaña, que é de ámbito
comarcal e gratuíta,
ríxese polas seguintes bases:
- Condicións de participación:
- A convocatoria está aberta a nen@s de 0-8 anos, sempre que veñan acompañados do pai, nai ou titor.
- As actividades de animación á lectura desenvolveranse o primeiro sábado de cada mes, de 11.00-12.00h e de 12.00-13.00h tendo en conta a idade dos pequen@s.
- O número máximo de nen@s para
cada quenda será de 25, admitidos
por rigorosa orde de inscrición.
- O idioma empregado será única e exclusivamente o galego para a totalidade das actividades deseñadas.
- O número e tipo de actividade a realizar é sensible ás suxerencias dos pais e dos nen@s.
A participación nesta actividade dará dereito
a posuír un CARNÉ DE LECTOR,
expedido pola Galería Sargadelos Ferrol, que
entre outras vantaxes ofreceralle un 5% de desconto
ao mercar libros ao titular do mesmo.
A solicitude de inscrición formalizarase no
Formulario de inscripción,
que se adxunta nestas bases, convintemente recheado.
Depositarase na Galería Sargadelos Ferrol, de
luns a venres de 9:00 a 21:00, antes do 22 de
outubro de 2008, considerándose
válida a enviada por correo antes da data mencionada.
A participación nesta convocatoria implica a total aceptación destas bases. A dirección da galería resolverá as incidencias non contempradas nestas bases.
|