| |

oteiza ou o silencio
Javier Méndez Ortega -Urza- (Madrid, 1959)
Adolescencia en Barcelona, onde toma os seus primeiros contactos coa práctica artística plástica e o Deseño Gráfico.
Entre 1980 e 1985, cursa os estudos regrados da Escola Oficial de Cerámica de Madrid, -actualmente Escola de Arte Francisco Alcántara- onde se gradua como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística. [Promoción de 1985]
En 1985, gaña por concurso a praza de director do Seminario de Estudos Cerámicos de Timaná, en Colombia. En 1986 toma posesión do cargo e, durante un lapso de tres anos, desenrola actividades de dirección técnica e de docencia no centro, ademais de traballos de investigación etnográfica e antropolóxica, que compaxina coa actividade de pintor, debuxante e escultor. Colabora con diversas institucións culturais e educativas, entre as que destacan a Universidade Surcolombiana, Libre y a Distancia, o Instituto Colombiano de Cultura e o Instituto Departamental de Cultura del Huila.
En 1988 chega a Galicia de maneira permanente, desenrolando, paralelamente á investigación plástica persoal -exposta dende entón en diferentes exposicións personais así como en numerosas mostras colectivas e presente en obra pública- traballos periodísticos e de docencia en distintos ámbitos. Adquire o pseudónimo artístico de Urza.
Compatibiliza o ensino do Deseño aplicado e o modelado en cursos de Formación Ocupacional, no Centro Galego do Vidro na Universidade de Santiago de Compostela, no Centro Nacional do Vidro, e no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, co seu labor como Profesor do ciclo formativo de Cerámica do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña), no curso 2001-02, coa práctica da escultura, o debuxo e o gravado nos seus estudos de Lousido [Cabanas], Fiobre [Bergondo] e Infesta [Betanzos].
Na actualidade é responsable da Escola Municipal de Artes Plásticas de Betanzos, director da Bienal Internacional de Pintura Balconadas, foi responsable da área Editorial do CENTRAD, dependente da Diputación de Lugo; foi vocal por A Coruña e Secretario de Asociación Galega de Artistas Visuais (AGAV), é vogal da Xunta Directiva de AGA, membro fundador da Plataforma da Arte e adícase plenamente ao seu traballo plástico de creación, con obra presente en distintas galerías de arte e realizando proxectos artísticos de diversa índole.
|
|