eduardo estévez - os veos da paisaxe
do 6 de febreiro ao 28 de febreiro de 2009
 
     
 

Eduardo Estévez (Bos Aires, 1969)

Reside en Galiza dende 1995. É fundamentalmente escritor. Publicou diversos títulos de poesía polos que acadou varios premios.

En 2006 iniciou o proxecto “en construción” do que derivou o libro “construcións” co que levou a cabo os primeiros experimentos videográficos.

O seu libro “os veos da paisaxe” foi publicado por primeira vez en Retagarda Edicións (2000) e del se fixeron, posteriormente, dúas edicións dixitais (Biblioteca Virtual Galega e luagris.net)

As imaxes do proxecto fotográfico “os veos da paisaxe” naceron en 2004 durante unha serie de viaxes periódicas realizadas atravesando o Concello de Xermade.

Posteriormente integráronse co libro no proxecto editorial de Edicións Bourel que verá luz ao longo deste mes de febreiro no ámbito da exposición.

Esta é a súa primeira exposición artística.

 

Publicacións:

- Catedrales de perfil (Buenos Aires, 1990)

- Ya tan deshabitado (Maracay, Venezuela, 1994)

- só paxaros saíron desta boca. Accésit do premio de poesía Miguel González Garcés 1997 (A Coruña, Deputación Provincial, 1998)

- lúa gris. Finalista do premio Tivoli Europa 1999 (Vigo, Edicións Xerais, 1999)

- os veos da paisaxe (Compostela, Retagarda Edicións, 2000)

- caderno apócrifo da pequena defunta. XV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 2003)

- derrotas. VI Premio de Poesía Concello de Carral, 2002 (A Coruña, Espiral Maior, 2004)

- Postais (texto escrito en colaboración con Caro Erlich) (luagris.net, 2005)

- mapas para describir a ausencia (luagris.net, 2005)

- itinerarios (antoloxía coral) (Santiago de Compostela, El Correo Gallego-Concello de Santiago-Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2005)

- construcións (Santiago de Compostela, Positivas, 2008)

 

 
 
inicio > sala de exposicións > exposición > artista
   
artista
obra
inauguración
 
exposición
actual
exposicións
anteriores