nolo suárez - espazos das augas
do 7 ao 31 de maio de 2009
 
     
 

 

Espazos das augas

A auga como elemento necesario para o planeta Terra, e ó mesmo tempo un recurso cada vez máis escaso. Necesaria para o desenrolo da vida das distintas especies de seres vivos. Xa que logo a existencia dos seres humanos depende da auga, xa que nós mesmos estamos formados en gran parte da propia auga.

Dende a arte e a pintura, tamén temos que tomar conciencia da necesidade de este elemento vital, e polo tanto traballar dende distintos soportes e técnicas, na referencia a auga nas súas distintas posibilidades.

Os distintos temas relacionados coa auga van xurdindo, van fluíndo, arredor das múltiples visións dos elementos concretos ( fontes, ríos, fervenzas, mares) ata os elementos abstractos, onde manchas, texturas, símbolos, chorros e veladuras, van confluíndo co imaxinado e a memoria.

A auga ten ademais no Noso Pais presenza importante e un significado cultural, ligada a unha relación directa coa natureza, que neste traballo quérese sinalar, e tamén a pegada particular que deixou este elemento en cada un de nós.

Dende unha reflexión sobre a Auga, establécense relacións e aportacións estéticas e éticas, con unha preocupación para dar unha visión actual, con novos métodos, estilos e interpretacións.

As cores azúes, verdes, brancas, vanse diluíndo coas augas, para formar novas visións, uns espazos, onde a auga e protagonista, como elemento a defender, a poñer en valor, dende o compromiso e a reflexión, creando eses novos lugares, “Espazos das Augas”, froito do traballo pictórico, coa concreción e imaxinación, e que dalgunha maneira contribuían a un posible futuro mellor para o elemento AUGA, e a propia vida.

 

Nolo Suárez

 

 

O artista

Natural de Compostela, realiza estudos na Escola de Artes e Oficios. Logo fai tamén cursos de Debuxo , Pintura e Gravado. Ten participado en Talleres diversos: . do CGAC en Santiago, do CIEC de Betanzos, de Unión Fenosa na Coruña, participa en diversos Foros de Arte e Cultura organizados polo Consello da Cultura Galega.

Dende os anos 80 expón tanto individual e colectivamente, en distintos espazos:

Salas de Exposicións: Caixa Postal, Ateneo de Ourense, Circulo Mercantil de Santiago e Vigo; Casas de Cultura de Noia, Malpica, Cee, Vilagarcía, Oleiros, Fisterra, Corcubión, Cee, Centro Galego de Valencia, Casa de Galicia en Madrid, Centro Galego de Lisboa, Auditorio de Galicia, Sala A.C. "O GALO", Sala "Pedro Mirás"

Museos: Museo do Pobo Galego, Museo Ramón Aller, Fundación Sotelo Blanco, Sala dos Amigos dos Museos de Coruña, Museo dos Muíños de Culleredo, Centro Galego da Arte Contemporáneo , Museo da Chapelaría de S. Joâo da Madeira.

Galerías: Arracada, Trinta, Sargadelos de Santiago e Ferrol, Minotauro, Dársena, Obelisco, Abel Lepina, "Eme-C", Atlántica, Citania, Espacio 48, Art-Sil, Galeria do Papel de Coruña, Galería Sol&Bartolomé, Galería Auriol Arte.

Foi seleccionado en diversos Certames como: Novos Valores Bienal de Pontevedra do 84, Pintores da Provincia da Coruña 85, Certame de Cambre 91, 2ª Mostra de Unión Fenosa, Balconadas de Betanzos, Premio de Pintura Rápida Outono-99, Artistas Composteláns no 2000. Seleccionado pola Consellería de Cultura, para expoñer de forma itinerante en Lugo e Coruña a mostra individual "Confluentes". Participa na exposición organizada polo Concello de Santiago, MEMORIA-Pinturas, e nas distintas edicións do GOIS-ARTE é OROSO-ARTE. I Salão Internacional de Artes Plásticas de S. João da Madeira.

 

 
 
inicio > sala de exposicións > exposición > artista
   
artista
obra
inauguración
 
exposición
actual
exposicións
anteriores