| |
Quizais
o único fío que pode tecer todas estas
fotografías aquí reunidas é a luz.
O tempo sería a agulla. A luz, permanente obsesión
dende os inicios, con poder para mudar as diferentes
realidades de cada lugar. O tempo, inseparable compañeiro
de viaxe entre brillos e sombras de cada instantánea.
Dende as costas de Ferrol
ás cores de Calcuta, pasando polas Kasbahs marroquís
e as modernas avenidas de París e Londres ata
chegar á sempre lonxana India. Na procura, como
se de un cazador de bolboretas se tratase, dunha instantánea
onde luz e tempo se funden nun intre.
Agullas de reloxo que avanzan,
tempo que non se detén. O obturador da cámara
péchase e impregna un atardecer máis nunha
cidade azul. Miradas escondidas, ás veces prohibidas
entre velos. Xentes que cruzan sen mirar onde van. Fortes
olores antigos. Cores case esquecidas. Xeometrías
modernas ou rotundas naturezas áureas. Poderosos
edificios vivos. Interminables trens en vías
mortas que levan a algures. Tráfico caótico,
salvaxes pupilas, nenos que fan tremer coa su presenza.
Grandes imperios, soños de grandeza, pequenos
detalles case inapreciables. Néboas, sombras,
brillos ... tanto descoñecido, tanto por coñecer,
curiosidade por descubrir, sombras creadas pola luz,
reflexos, tic, tac… O tempo segue, os raios do sol asoman
por igual en todas as latitudes.
Luz e tempo, como se fose
batuta e compás interpretando unha sinfonía
de imaxes. Clic! Conxelar un momento. Roubarlle un segundo
ao tempo e non deixalo escapar. Clic! Un mundo tan grande
que cabe por un intre nun rectángulo de papel
fotográfico.
Este é o xeito de
explicar a miña obra.
|
|