| |
Truena debaixo unha caverna...
Escavada para as vermellas fraguas dos Cíclopes
Ao rudo bater xemen as engrasa,
Asubia o metal fundido e, baixo bóvedas
Resollan laparadas nos fornos.
É mansión de Vulcano e por el se
Chama Vulcania
Virxilio, Eneida- VIII-595
Fuco Nadales, como moitos ferroláns, botou aceiro ao mar convertido en barcos e aí comezou a súa amizade cos materiais que serían, chegado o momento, a materia dos seus soños. Esa paixón telúrica do galego, ese amor polos elementos naturais, fíxolle escoller o mineral e o lume como medios de expresión; como un novo Vulcano, deus famoso pola súa arte e o seu virtuosismo no traballo do metal, fundiu e golpeou, deu forma e creou, ao longo de moitos camiños.
Empezou experimentando con metais como o cobre, o bronce e diversas aliaxes. Posteriormente descobre o aceiro e con el aparece a súa obra máis firme que constitúe a súa traxectoria actual. Atopamos nela a expresión dun sentimento, sen máis argumentacións, sen máis adornos, as esculturas de Fuco explícanse por si mesmas e elas soas buscan o seu lugar.
O concepto de traballo elaborado e coidado que lle caracteriza, levoulle a experimentar tamén nos seus diferentes acabados; así conseguiu crear unha confusión na visión de quen contempla a súa obra: deixamos de ver o aceiro como un material frío e distante para sentilo cálido e próximo, sensual ata.
Diríase que Fuco busca seducirnos coa súa obra.
Exposicións
2006- IX Mostra de Escultura, Santa Mª (Mallorca)
2006- Colectiva Concello Puigpunyent (Mallorca)
2006- Colectiva Pintura, Escultura Galería Evento,Binissalem(Mallorca)
2007- Colectiva homenaxe Joan Artigues, Santa Mª (Mallorca)
2007- X Mostra Escultura, Santa Mª (Mallorca)
2007- Individual Galería Evento, Binissalem (Mallorca)
2008- Individual Galería Carlos Roldós, Palma de Mallorca
2009- Exposición Espazo Weart, Ámsterdam
|
|