|
O que nós negamos non carece de valor nin de importancia, máis ben a iso débese que a negación sexa necesaria. Hai unha razón que non aceptaremos, hai unha apariencia de sabiduría que nos horroriza, hai unha petición de acordo e conciliación que non escoitaremos. Produciuse unha ruptura, fomos reducidos a esa franqueza que non tolera a complicidade. Blanchot.
Marcuse, O home unidimensional.
O catalizador do proxecto foi a colaboración que accedeu a realizar Manolo Quejido e que consistiu na escolla e gravación duns textos para a súa posterior manipulación sonora. Aqueles textos remiten a Benjamin, a Blanchot e a Marcuse. Falan do poder opresor que exerce a sociedade do benestar; denuncian unha sociedade moderna que é capaz de asimilar calquera forma de oposición que xurda no seu interior, non existindo axente social algún capaz de facerlle frente para transformala.
Este proxecto (esta vanitas) fala de crear para crer que é posible a transformación. O amor cara a pintura-música (¿técnica ou tradición?) funciona como motor dinamizador; o sistema económico-social (personificado aquí nos sons eléctricos e distorsionados da cidade) coloca a cada quen dentro das engranaxes da sociedade do benestar.
Trato de beber cada vez nas augas do Leteo para reinventar(me) na incomodidade e poder seguir crendo.
Juan López
|