pastor outeiral - lo bello y lo simple
do 8 ao 30 de novembro de 2008
 
     
 

Lo bello y lo simple
Fotografía + Proxección Contínua

Non fai falla escaparse ó lugar máis idílico, nin estar ó lado do conflito máis terrible ó outro lado do mundo para facer unha foto bela e profunda. Penso que no cotidián , se nos fixamos ben, podemos atopar beleza e misterio acubillados nas físgoas do simple. Falo da textura da pel, da cor da materia, da fascinación polo horizonte entre o ceo e o mar. Este grupo de fotos son a proposta dunha forma de mirada. A intención non é outra que vostedes a acompañen, a confronten, a desdobren e, en definitiva, a conduzan a ese lugar azul que todos temos, en moitos casos, escondido na memoria . Pastor Camiñando inquedo sobre a ponte das vacilacións, busca coa súa mirada o belo e o simple. Con texturas e cor evoca sensacións e ata sentimentos, con outras miradas fugaces. Conta unha historia sinxela e chea de ironía, provocando un sorriso.

Pastor Outeiral

Ourense, 1962 .Fillo de Pastor (futbolista) e de Tita (mestra).
Con 26 anos remato o meu master “cum laude”en insensatez, curiosidade e viaxes. Estudante de todo en particular e de nada en xeral. Pintor e Fotógrafo. Alumnos de Agustín Ibarrola e Antoni Clave. Activista n a liga de poetas. Colaborador de Fernando Arrabal e a Escola Patafísica. Vinculado durante catorce anos ó fotoperiodismo. Especialista do acto creativo e as súas relacións co inútil e o esencial. Teórico da capacidade e activista da dispersión. Becado tres veces consecutivas pola Consellería de Cultura de Galicia para proxectos de creación.
Primeiro premio Cruz Vermella Carteis contra a sida. Seleccionado en varias bienais de arte contemporáneo e, noutras, non. Exposicións en galerías de España, Portugal, Francia e Marrocos. Encontrador de obxectos á beira do mar. Lanzador de mensaxes en botella. Publico os libro de fotografías La ciudad sumergida, Contemporáneos, Anartismos (Casa de Galicia en Madrid), Los anzuelos en los ojos (Caixa Nova, Pontevedra), Eixo Atlántico (Galicia e Portugal), Las gentes secretas (Ourense). Púxil ás veces e practicante de caricias vocacional. Expoño os meus tesouros ás veces, outras veces os oculto.

 

 
 
inicio > sala de exposicións > exposición > artista
   
artista
obra
inauguración
 
próxima
exposición
exposiciones
anteriores