a historia | o escaparate | a tenda | uso da sala  
 
 

No caso de que un artista desexe expoñer a súa obra na sala da galería, o proceso é o seguinte: debe achegarse reproducións das súas obras e proxectos, así como copia do seu currículo artístico actualizado. Unha vez que a súa proposta artística é aceptada, as condicións das exposicións a celebrar na galería son:

Aportación do artista

  • Entre 30 e 40 obras como máximo, en depósito, para expoñer durante un mes na sala de exposicións da Galería Sargadelos Ferrol.
  • Transporte das obras.
  • Cesión á Galería Sargadelos Ferrol dunha obra en formato pequeno para os fondos da Galería.
Aportación da Galería

  • Realización de trípticos e cartaces de convite á inauguración da exposición.
  • Ensobrado e franqueo dos mesmos cun mailing de envío de 450 enderezos e comunicado de prensa a todos os medios nacionais, e diversas reportaxes en prensa especializada (escrita e web).
  • Distribución dos cartaces por lugares de interese cultural en Ferrol e comarca.
  • Anuncio en prensa local da inauguración da exposición.
  • Fotografías da inauguración.
  • Catering da inauguración.

A comisión sobre as vendas é do 40%

 

Prema aquí para descargar o plano da galería

 
     
     
 
inicio > galería