Loureiro  
     
 

Data e lugar de nacemento: 09-08-1943, Sedes (Narón) A Coruña.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS

1966 – Círculo Mercantil (Fene - A Coruña)
1968 – Sala AFFA (Ferrol)
1969 – Asociación de Artistas (A Coruña)
1970 – Sala de Exposicións do Concello de Ferrol
1971 – Sala TOISON (Madrid)
1973 – Sala de Exposicións do Concello de Ferrol
1975 – Galería de Arte ARCO DA VELLA (Lugo)
1985 – Ateneo (Ferrol)
1987 – Loureiro Paso a Paso-1966/1987.
Museo Municipal Bello Piñeiro (Ferrol)
Galería SARGADELOS (Santiago de Compostela)
1991 – Sala de Exposicións do Concello de Cedeira (A Coruña)
1995 – Galería SARGADELOS (Ferrol)
1996 – Sala de Exposicións do Porto de Ferrol
1997 – Galería PARDO BAZÁN (A Coruña)
1998 – Del Hecho de Pintar - 1975/1995 – 1995/1997. CASA DE GALICIA (Madrid)
1999 – Galería FAUNA´S (Madrid)
2000 – Galería PARDO BAZÁN (A Coruña)
2002 – Loureiro, 1962-2002.
Centro Cultural TORRENTE BALLESTER (Ferrol)
Arquitecturas. Fundación LAXEIRO. (Vigo)
2004 – Galería PARDO BAZÁN (A Coruña)
2005 – Galería SARGADELOS (Ferrol)
Personajes para contar una historia.Galería FAUNA´S (Madrid)

 

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS

1972 – Pintura Ferrolana. Caja General de Ahorros (Ferrol)
1974 – Mostra de Pintura e Escultura de artistas de Galicia. Galería MESTRE MATEO (A Coruña)
Mostra da Arte Galega. Ciudad Universitaria (Madrid)
1980 – Plástica Gallega. Caja de Ahorros Municipal de Vigo
1997 – Galicia, terra única. 1900/1990 (Ferrol)
Dez Anos Despois: 1990/1997 (A Coruña)
1998 – Galería PARDO BAZÁN (A Coruña)
1999 – CASA DE GALICIA (Madrid)
VI Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo. 1999 (Obra adquirida)
2000 – Intervención no Centro Cultural TORRENTE BALLESTER (Ferrol)
2001 – Realmente? Centro Cultural TORRENTE BALLESTER (Ferrol)
Arte de Estío. Galería PARDO BAZÁN (A Coruña)
VII Certame de Artes Plásticas. Isaac Díaz Pardo 2001 (Obra adquirida)
2004 – Premio JULIÁN TRINCADO. VIII Mostra UNIÓN FENOSA
2005 – Sí a la historia del arte. Galería PARDO BAZÁN (A Coruña)

 

 

ANO DA MEMORIA 2006
2006. Aceiro
100x100x500
Paseo de San Valentín. Fene.

A obra de Loureiro é unha escultura exenta, o que técnicamente se denominaría de vulto redondo, pola multiplicidade de puntos de vista posibles, prismática, case arquitectónica, de formas xeométricas simples, elementais e modulares. Na descripción dos elementos formais lémbranos aos arjitekton, arquitectones, nunha posible traducción, de Malévich, que era como denominaba ás súas esculturas.

O asunto a tratar é o significado que cobra o propio sentido vertical e totémico da peza, en relación co seu entorno. Valórase a incidencia da luz sobre a escultura potenciando o aspecto volumétrico contrastado e hierático da mesma.

O material empregado é o aceiro e a técnica, fundido. Nesta obra en concreto cabe destacar a importancia das propiedades da materia, coa súa pátina e textura. A textura, neste caso significa, igual que para os constructivistas, a natureza dos materiais supravalorada e como son empregados, estes mesmos materiais na producción industrial, que Loureiro tamén coñece. A partir da Segunda Guerra Mundial, a escultura en ferro forxado consolídase, aínda que foi o constructivismo ruso o que dignificou o ferro. Loureiro fai nesta peza unha defensa dos materiais modernos e das líneas puras.

A obra localízase no Paseo de San Valentín, nun espazo público, sen máis función que a mera decorativa, pero encaixando á perfección na paisaxe. Existe ante todo unha concepción da estructuración do espazo, a obra está en comunicación co espazo, que circunda e penetra. As dimensións físicas da obra están perfectamente xustificadas tanto na súa ubicación, na función de escultura pública, representativa, coma na súa propia dimensión temporal.

Carece de ornamentación ao uso e pódese decir, que de existir, é non figurativa e a forma e o ornamento diferencianse só na escala. Como Malévich recurre á relación figura-fondo entre os obxectos representados e ao espazo ilusorio; ten influencias formais do grupo dos suprematistas, fundado polo xa citado, Kazimir Malévich, posúe características do reduccionismo xeométrico, e da súa relación coa teosofía.

A forma de expresión utilizada é a da abstracción xeométrica, pero a da natureza sometida a un proceso analítico, ao sublimala e posicionarse dun xeito o máis obxectivo posible frente a ela, na búsqueda da orde interna que rixe o cosmos, a paisaxe inventada de novo por Loureiro. Constrúe o seu traballo a partir da observación da natureza como fonte eterna de inspiración durante toda a súa traxectoria artística, pero sometida a un rigor constructivo. Aspira a unha arte clara, pulcra, ordeada, equilibrada, disciplinada, de tensión moi ben contrapesadas, elegante, ... e que sen a menor dúbida, acada.

Coa obra de Loureiro non podemos separar o que se ve do que se sabe, existen sempre múltiples referencias á historia da arte, tanto nos títulos, temas, estilos, técnicas…do mesmo xeito que sucede nesta obra.

O principio da arte moderna era a construcción; (a construcción que simboliza o proceso creativo e a búsqueda de leis de organización visual), dun obxecto real entre obxectos reais, como fai o autor nesta escultura; non unha composición de obxectos representados, defendendo que isto conlevaba necesariamente a eliminación total das belas artes a favor das artes aplicadas ou industriais. Utilízase como denominación imprecisa a de construccións xeométricas, para calquera obra do estilo da realizada por Loureiro ou de estilo neoconstructivista; isto débese a que a concepción do espacio constructivista non se encontra exclusivamente neste grupo ruso, era característica xa do espacio pictórico dos cubistas, futuristas e raionistas, e foi realizada xa por Balla no seu Complesi plastici, ou nas urbes de Miquel Navarro, na época máis actual e en territorio xeográfico máis próximo.

Loureiro crea esta nova obra e o énfasis recae en crear e en obra, sinte que fixo algo que non poseía existencia con anterioridade, algo importante e duradeiro no tempo con maior realidade que os obxectos comúns á nosa existencia.

A etapa productiva do autor na que se inclúe esta obra é na de influencia suprematista ou constructivista; periodo evolutivo inmediatamente anterior ao actual; onde se atopa na búsqueda sorprendente da paisaxe figurativa, colorista, humanizada dentro da abstracción monocromática da etapa anterior.

Loureiro artista vence con este hito escultórico a todos os silenzos obrigados e voluntarios da súa traxectoria artística; introducindo unha obra propia na súa paisaxe primixenia, na natureza que foi unha das súas fontes, é a que volta na etapa actual. Trátase dun regreso aos inicios pictóricos pero victorioso, formando parte ineludiblemente da paisaxe, por riba do tempo; voltando á ribeira que reproducía nos seus cadernos de debuxo…é a escultura convertida agora en natureza mesma, reinterpretando a paisaxe coa súa obra.

A idea da creación desta obra artística nace dentro da Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene para conmemorar e apoiar, á Consellería de Cultura na súa iniciativa de convertir o ano 2006, no ano da Recuperación da Memoria Histórica. Ademáis coa inauguración desta escultura péchase o ciclo Non des ao esquecemento, organizado na súa totalidade pola mesma concellería.

 

 
 
inicio > catálogo de produtos > obras de arte
   
obra
datos do
artista
índice de
artistas